lunes, 11 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ola peques!
Esta semana celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e dende o colexio propoñémosvos a seguinte actividade "A MIÑA PALABRA GALEGA FAVORITA", para conmemorar este día tan especial.
Para participar na actividade, tedes as instrucións no blogue de Dinamización da Lingua Galega.
Pinchade na imaxe.

Neste blogue tamén atoparedes máis información sobre o homenaxeado este ano: RICARDO CARVALHO CALERO. 

Ademais, podedes entrar na páxina do Seminario Galán na que aparece a biografía do homenaxeado e actividades en liña por cursos sobre a vida e obra de RICARDO CARVALHO CALERO. Pinchade sobre a imaxe.


1 comentario: