lunes, 4 de mayo de 2020

DESAFÍO 3 DE EDUCACIÓN FÍSICA

Ola rapazada!!!
Neste terceiro desafío imos repasar as figuras de Acrosport.
A continuación hai un vídeo e unhas imaxes para que recordedes algunha das figuras de Acrosport que vimos nas clases.




Figuras acrosport de dfiguere



Desafío 3:
  •       Realizar o maior número das figuras propostas, mantendo as posicións durante 5 segundos cada unha.
  •         Inventar algunha figura que non apareza nas do exemplo.
  •   Sacar 3 fotos coas 3 posturas que máis vos gusten e enviarmas ao correo electrónico: Alfonso.astariz@gmail.com


Para este desafío precisaredes da axuda das persoas que viven con vos (dentro das súas posibilidades); debedes ter en conta que é importante facer un pequeno quecemento antes de realizar as tarefas, e recordade facelas nun lugar axeitado, onde non vos poidades lastimar.

IMPORTANTE - No correo tedes que indicar:
O número do desafío _O voso nome e apelidos _O voso curso
Exemplo:  desafío3_Rubén García_1ºB
Apertas e moito ánimo!

Alfonso Rodríguez Veiga

1 comentario: