Ola peques!!!
Neste cuarto
desafío, coincidindo coa celebración do día
das Letras Galegas, imos repasar os xogos tradicionais e populares de Galicia.
Desafío 4:
Paso 1: buscar
información sobre este tipo de xogos (buscando en internet, algún libro, ou preguntando
a persoas maiores que coñezamos)
Paso 2: escoller
o xogo que máis nos chame a atención, e que sexa posible realizar de forma
individual, ou cun número pequeno de participantes.
Paso 3: elaborar con
materiais sinxelos (de refugallo) e con moita imaxinación os utensilios que se
precisen para practicar o xogo escollido.
Paso 4: facer
unha pequena gravación (10-12 segundos) practicando o xogo elixido.
Paso 5: enviarmo
ao correo electrónico: Alfonso.astariz@gmail.com
A continuación uns exemplos:
xogos tradicionais e populares con material de refugallo de AlfonsoRodrguez27
Para este desafío precisaredes da axuda e supervisión dalgunha persoa das que viven con vos (dentro das súas posibilidades).
Para este desafío precisaredes da axuda e supervisión dalgunha persoa das que viven con vos (dentro das súas posibilidades).
Por mor da maior complexidade da tarefa, esta proponse para 2 semanas; desta maneira buscamos
compatibilizar mellor ca vida familiar, e que aproveitedes para saír, pasear e
facer algo de deporte ao aire libre. Sempre “con sentidiño”.
No correo tedes que indicar: DESAFÍO4
_O voso nome e apelidos _O voso curso
Apertas e moito ánimo!
Alfonso Rodríguez Veiga
🤩👏👏👏👏👏👏
ResponderEliminar