jueves, 30 de abril de 2020

TAREFA DE MÚSICA

Ola peques,
Vendo que tedes dificultade para poder imprimir a tarefa de Música, vamos deixar outra vez aquí as actividades.
Esta é a tarefa para os de 1º de Primaria. Pinchade na imaxe.

Esta é a tarefa para os de 2º. Pinchade na imaxe

miércoles, 29 de abril de 2020

TAREFA DE INGLÉS PARA 2º

Ola peques! A profe Luisa envianos as tarefas para os nenos e nenas de 2º. Pinchade no enlace para acceder a historia!

A continuación faredes os exercicios das páxinas 1 e 2. Pinchade no enlace!


Eu teño alguén no meu corazón



Os nenos e nenas de primeiro fixemos con moito agarimo este vídeo para todos vós.
Grazas as familias que colaboraron. 
Agradecemento especial aos membros de María Fumaça por permitirnos empregar esta fermosa peza e aos seus nenos Ruí, Paulo e André por colaborar  con nós na gravación deste vídeo.

E ti, a quen tes no teu corazón??

TAREFA DE INGLÉS PARA 1º

Ola peques!
Hoxe a profe Luísa mándanos esta historia "Where´s my baby", para que vexades.
Pinchade na imaxe

Tamén tedes que facer os exercicios das páxinas 1 e 2 do Activity Book
Pinchade na imaxe e iredes ao libro.

Por último, mándavos este dibuxo para colorear. Colour the elephant
Pinchade na imaxe

TAREFA DE RELIXIÓN

Ola peques!
A profe Fe mándavos esta tarefa para facer estes días.
Pinchade na imaxe e iredes ao seu blog

TAREFA DE MÚSICA PARA 1º E 2º

Ola peques!
Tedes nova tarefa de música no blog do profe Jesús.
Recordade! A data límite de entrega será o 12 de maio e deberédelo enviar ao enderezo do profe: carloslestrove@gmail.com para a súa correción e valoración.
Pinchade na imaxe para ir

lunes, 27 de abril de 2020

SEGUNDO DESAFÍO DE EDUCACIÓN FÍSICA

O noso profe Alfonso mándanos esta mensaxe:

Ola peques!!!
Neste segundo desafío imos celebrar o que sería o “Día da Educación Física na rúa”, que este ano vai ser o “Día da Educación Física na casa”. Para isto precisamos da vosa colaboración…
A continuación hai unha presentación interactiva na que poderedes atopar a proposta e as instrucións do que tedes que facer. Recordade que podedes sacar fotos e vídeos(duración máxima de 12 segundos) facendo o reto e enviarmo ao seguinte correo:

Alfonso.astariz@gmail.com
IMPORTANTE - No correo tedes que indicar:
O número do desafío _O voso nome e apelidos _O voso curso
Exemplo:  desafío1_Rubén García_1ºB

Gustaríame moito que neste desafío intentedes involucrar a todas as persoas das vosas casas.
Desafío 2:  

sábado, 25 de abril de 2020

DESAFÍO 1 DE EDUCACIÓN FÍSICA: COMPLETADO

Ola peques!
Aquí temos o vídeo do voso primeiro reto que nos manda o profe Alfonso. Un gran traballo peques e gracias por participar neste circuíto. Como vemos no vídeo pasástedelo xenial facendo a actividade, así que animamos a todos os nenos e nenas a participar no seguinte desafio. ÁNIMO!


jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Ola peques!
Hoxe 23 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO, por iso vos traemos dúas páxinas moi interesantes onde podedes escoitar e ler libros de todo tipo: de aventuras, misterio, de fadas, de medo... NON VOLOS PODEDES PERDER!!

Nesta páxina atoparedes audios de libros en inglés que nos manda a nosa profe Luísa. Para vós son os "Littlest Listeners", escollede un e a disfrutar! Pinchade na imaxe.

Por último, nesta páxina atoparedes moitísimos libros interesantes para ler estes días. Nas súas páxinas escóndense montóns de viaxes, a que esperades? Pinchade na imaxe

miércoles, 22 de abril de 2020

TAREFA DE INGLÉS PARA 1º

Ola peques!
Hoxe a nosa profe Luísa mándanos esta mensaxe para repasar o vocabulario da familia e os animais da granxa:

Good morning everyone! Let´s review the family members ans some farm animals.


Pinchade nas imaxes para ir aos exercicios.




lunes, 20 de abril de 2020

O RETO DO CIRCUÍTO DE EDUCACIÓN FÍSICA!!


Hoxe o noso profesor de Educación Física proponnos a creación dun circuíto na nosa casa, e para iso mándanos a seguinte mensaxe:

Ola peques!!!
Que tal estades levando o confinamento? Espero que esteades todos ben e poder vernos pronto. Pero estar na casas non significa deixar de facer exercicio, nin tampouco volver tolas ás persoas que viven con nós.

Dende Educación Física queremos propoñervos unha serie de desafíos-reto cada certo tempo para que os fagades na vosa casa, nos que podedes involucrar as vosas familias.
Podedes sacar fotos e vídeos(duración máxima de 12 segundos) facendo o reto e enviarmo ao seguinte correo:


O desafío 1 é o seguinte:
"Facer un circuíto co material que podemos atopar na casa: sillas, botellas de auga, caixas de galletas, paos de escoba... e despois facer un pequeno vídeo ou fotos de vós realizando o circuíto".




IMPORTANTE - No correo tedes que indicar:
O número do desafío _O voso nome e apelidos _O voso curso
Exemplo:  desafío1_Rubén García_1ºB
Apertas e moito ánimo!

Alfonso Rodríguez Veiga

martes, 14 de abril de 2020

TAREFA DE RELIXIÓN

Ola a tod@s!
Aquí vos deixamos a tarefa de Relixión Católica para estes quince días. Teredes que facer as actividades 6,7,8,9 e 10 de Recursos Anaya. 
OLLO! Cada curso o bloque que lle corresponda.
Pinchade na imaxe para ir ao blog onde está a tarefa.


REPASO DE MÚSICA

Ola peques!
O noso mestre Jesús deixounos unha serie de vídeos no seu blog para repasar as cousiñas vistas en clase de música.
Pinchade na imaxe para chegar ao blog

A BAILAR!!

Como xa sabemos, a Educación Física é moi importante para crecer sans e fortes e por iso o noso mestre Alfonso nos propón facer exercicio a ritmo da "Macarena".  Aquí vos deixamos o vídeo para que practiquedes e vos divirtades.
A BAILAR!!

lunes, 6 de abril de 2020

ARCOS DA VELLA

Ola peques!
Aquí temos os vosos traballiños do "Arco da vella", editados nun vídeo especial, que mostra as vosas extraordinarias aportacións. Moitísimas gracias polos vosos traballos! ESTÁN CHULÍSIMOS! Un bico moi forte das vosas mestras!
Animádevos a velo!

https://drive.google.com/file/d/1JgiT9qKZAJ1AiQ5Glns8t3xEmjS6QEwZ/view

jueves, 2 de abril de 2020

DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Neste 2 de abril, conmemoramos un día moi especial e o marabilloso equipo de Educación Especial do noso cole, déixanos un traballo tan bonito, como o que veredes a continuación. CLICADE NO ENLACE! É marabilloso!

 https://drive.google.com/file/d/1-onFhengdZOMfG2B19Ogj3Hsy0cAFy39/view