lunes, 20 de abril de 2020

O RETO DO CIRCUÍTO DE EDUCACIÓN FÍSICA!!


Hoxe o noso profesor de Educación Física proponnos a creación dun circuíto na nosa casa, e para iso mándanos a seguinte mensaxe:

Ola peques!!!
Que tal estades levando o confinamento? Espero que esteades todos ben e poder vernos pronto. Pero estar na casas non significa deixar de facer exercicio, nin tampouco volver tolas ás persoas que viven con nós.

Dende Educación Física queremos propoñervos unha serie de desafíos-reto cada certo tempo para que os fagades na vosa casa, nos que podedes involucrar as vosas familias.
Podedes sacar fotos e vídeos(duración máxima de 12 segundos) facendo o reto e enviarmo ao seguinte correo:


O desafío 1 é o seguinte:
"Facer un circuíto co material que podemos atopar na casa: sillas, botellas de auga, caixas de galletas, paos de escoba... e despois facer un pequeno vídeo ou fotos de vós realizando o circuíto".




IMPORTANTE - No correo tedes que indicar:
O número do desafío _O voso nome e apelidos _O voso curso
Exemplo:  desafío1_Rubén García_1ºB
Apertas e moito ánimo!

Alfonso Rodríguez Veiga

2 comentarios:

  1. Nós mandamos un video de 15 segundos por Dropbox porque non nos deixaba por gmail, esperamos que che chegue Alfonso!! 👌👌😉

    ResponderEliminar
  2. Boas, xa me chegou o correo.
    Estou pedindo de menos de 12 segundos por dúas razóns, que sexa posible mandalo por correo, e para poder facer logo unha montaxe cos que me cheguen e que non se faga moi longo.
    O vídeo está xenial, grazas por participar!!

    ResponderEliminar