lunes, 11 de mayo de 2020

DESAFÍO 4 DE EDUCACIÓN FÍSICA

Ola peques!!!
Neste cuarto desafío, coincidindo coa celebración do día das Letras Galegas,  imos repasar os xogos tradicionais e populares de Galicia.
Desafío 4:
Paso 1: buscar información sobre este tipo de xogos (buscando en internet, algún libro, ou preguntando a persoas maiores que coñezamos)
Paso 2: escoller o xogo que máis nos chame a atención, e que sexa posible realizar de forma individual, ou cun número pequeno de participantes.
Paso 3: elaborar con materiais sinxelos (de refugallo) e con moita imaxinación os utensilios que se precisen para practicar o xogo escollido.
Paso 4: facer unha pequena gravación (10-12 segundos) practicando o xogo elixido.
Paso 5: enviarmo ao correo electrónico: Alfonso.astariz@gmail.com

A continuación uns exemplos:
xogos tradicionais e populares con material de refugallo de AlfonsoRodrguez27
Para este desafío precisaredes da axuda e supervisión dalgunha persoa das que viven con vos (dentro das súas posibilidades).

Por mor da maior complexidade da tarefa, esta proponse para 2 semanas; desta maneira buscamos compatibilizar mellor ca vida familiar, e que aproveitedes para saír, pasear e facer algo de deporte ao aire libre. Sempre “con sentidiño”.
No correo tedes que indicar: DESAFÍO4 _O voso nome e apelidos _O voso curso
Apertas e moito ánimo!

Alfonso Rodríguez Veiga

viernes, 8 de mayo de 2020

DESAFÍO 2 DE EDUCACIÓN FÍSICA: COMPLETADO

Ola peques!!!
Xa temos o resultado do segundo desafío. Quedou chulísimo!!!
Aquí temos os vídeos de 1º e 2º:

E aquí vos deixo os vídeos dos mellores de toda a mariña:
Grazas a todos e a todas pola participación e grazas as familias pola implicación.

Alfonso Rodríguez Veiga

miércoles, 6 de mayo de 2020

TAREFA VALORES SOCIAIS E CÍVICOS PARA 1º

Ola peques!
Para a tarefa de valores mirade este vídeo, onde aprenderemos o importante que é a COMUNICACIÓN para resolver os problemas, sen usar a violencia.
Pinchade na imaxe para ver o vídeo

Agora tedes unhas actividades sobre o vídeo. Pinchade na imaxe

TAREFA DE INGLÉS PARA 1º

Hello boys and girls. Esta semana repasamos a unidade 2 Fly, kite, fly. E facemos os exercicios da páxina 5, o 1 e o 2. E o da páxina 6.
Pinchade na imaxe.

.

lunes, 4 de mayo de 2020

TAREAS DE INGLÉS PARA 2º

"Hello boys and girls. Esta semana y la que viene vamos a repasar la unidad 2 Neon the fish. Ya somos 10 en Blink! Os animo a registraros porque vamos a repasar la página 14 del classbook, ejercicios 1 y 2 (canciones) y en la página 16 podéis ver y escuchar la historia Neon the fish. Luego, vamos a hacer los ejercicios del activity book de la página 5, el 1 y el 2 y el de la página 6. La semana que viene continuaremos con esta unidad. Un abrazo a todos y todas!"
Pincha aquí para escuchar la canción Neon the fish!


Aquí tenéis el enlace para las actividades de esta unidad. Pinchad para descargarlas!
Por último, para aquellos que dispongáis de tiempo y os apetezca, la profe Luisa os deja este pez para que lo pintéis!


DESAFÍO 3 DE EDUCACIÓN FÍSICA

Ola rapazada!!!
Neste terceiro desafío imos repasar as figuras de Acrosport.
A continuación hai un vídeo e unhas imaxes para que recordedes algunha das figuras de Acrosport que vimos nas clases.




Figuras acrosport de dfiguere



Desafío 3:
  •       Realizar o maior número das figuras propostas, mantendo as posicións durante 5 segundos cada unha.
  •         Inventar algunha figura que non apareza nas do exemplo.
  •   Sacar 3 fotos coas 3 posturas que máis vos gusten e enviarmas ao correo electrónico: Alfonso.astariz@gmail.com


Para este desafío precisaredes da axuda das persoas que viven con vos (dentro das súas posibilidades); debedes ter en conta que é importante facer un pequeno quecemento antes de realizar as tarefas, e recordade facelas nun lugar axeitado, onde non vos poidades lastimar.

IMPORTANTE - No correo tedes que indicar:
O número do desafío _O voso nome e apelidos _O voso curso
Exemplo:  desafío3_Rubén García_1ºB
Apertas e moito ánimo!

Alfonso Rodríguez Veiga

viernes, 1 de mayo de 2020

LIBROS PROPOSTOS DENDE A BIBLIOTECA

Ola peques!
Aquí vos imos deixar os libros que ides ler, todos aqueles nenos e nenas, que participades na actividade da biblioteca. Pinchade sobre cada imaxe e iredes ao conto! Moitas gracias por participar!


Ademais, tedes que saber que Carmiña dos Castros bótavos moitísimo de menos! E quere recomendarvos outros tres contiños, que sabe que teñen moito éxito entre vós. Pinchade para velos!