miércoles, 10 de junio de 2020

DESAFÍO 6 DE EDUCACIÓN FÍSICA

Ola peques!
Estamos nos últimos días dun curso moi atípico, no que sucederon moitas cousas novas para todos, un montón de experiencias, sensacións e aprendizaxes. Por este motivo, e para rematar esta serie de desafíos, gustaríanos que nos enviedes un pequeno vídeo no que saiades contando a vosa experiencia.

DESAFÍO 6:
- Revisar todos os traballos e tarefas feitas para Educación Física (podédelo facer comentándoo coa familia ou amigos).
- Escoller os momentos, sensacións, aprendizaxes... que foron máis significativas.
- Enviar un vídeo (duración parecida aos vídeos que soedes mandar) onde nos contedes a vosa reflexión final sobre as actividades e a experiencia vivida a alfonso.astariz@gmail.com

Apertas e moito ánimo!

Alfonso Rodríguez Veiga

1 comentario: