martes, 14 de abril de 2020

TAREFA DE RELIXIÓN

Ola a tod@s!
Aquí vos deixamos a tarefa de Relixión Católica para estes quince días. Teredes que facer as actividades 6,7,8,9 e 10 de Recursos Anaya. 
OLLO! Cada curso o bloque que lle corresponda.
Pinchade na imaxe para ir ao blog onde está a tarefa.


REPASO DE MÚSICA

Ola peques!
O noso mestre Jesús deixounos unha serie de vídeos no seu blog para repasar as cousiñas vistas en clase de música.
Pinchade na imaxe para chegar ao blog

A BAILAR!!

Como xa sabemos, a Educación Física é moi importante para crecer sans e fortes e por iso o noso mestre Alfonso nos propón facer exercicio a ritmo da "Macarena".  Aquí vos deixamos o vídeo para que practiquedes e vos divirtades.
A BAILAR!!

lunes, 6 de abril de 2020

ARCOS DA VELLA

Ola peques!
Aquí temos os vosos traballiños do "Arco da vella", editados nun vídeo especial, que mostra as vosas extraordinarias aportacións. Moitísimas gracias polos vosos traballos! ESTÁN CHULÍSIMOS! Un bico moi forte das vosas mestras!
Animádevos a velo!

https://drive.google.com/file/d/1JgiT9qKZAJ1AiQ5Glns8t3xEmjS6QEwZ/view

jueves, 2 de abril de 2020

DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Neste 2 de abril, conmemoramos un día moi especial e o marabilloso equipo de Educación Especial do noso cole, déixanos un traballo tan bonito, como o que veredes a continuación. CLICADE NO ENLACE! É marabilloso!

 https://drive.google.com/file/d/1-onFhengdZOMfG2B19Ogj3Hsy0cAFy39/view

jueves, 26 de marzo de 2020

COMEZAMOS!

Bos días nenos e nenas! e bos días a todos os que nos sigan!
Castroblogue comeza a súa andadura, co afán de manternos conectados e compartir as nosas vivencias e experiencias por este medio.
Preparados, listos, xa!